Nos últimos anos cambiou a nosa forma de vivir e relacionarnos. Unha situación fronte a que Viaqua apostou pola innovación e a vocación de servizo para seguir situando ás persoas no centro do seu modelo de atención. Todo isto co obxectivo de anticiparse ás necesidades dous seus clientes ao tempo que preservaba a súa saúde fronte a COVID-19

Neste contexto, potenciou as canles non presenciais para facilitar as xestións de xeito que cada cliente pode escoller actualmente a canle a través da que quere ser atendido, gozando dunha maior flexibilidade e evitando desprazamentos innecesarios.Rapidez, comodidade e accesibilidade son algunhas das vantaxes de propostas como a propia páxina web de Viaqua, viaqua.gal, onde os clientes poden consultar ou realizar calquera trámite. Dispón ademais dun Chatbot de asistencia virtual para resolver dudas. 

Foi precisamente a vocación de situar ás persoas sempre no centro a que animou a Viaqua a lanzar o programa ‘Contigo’ este mes de xullo. Unha iniciativa que quere facilitar a todos os clientes da empresa a realización das súas xestións e que pon especial atención nas persoas en situación de vulnerabilidade, para o que identifica as barreiras dixitais, de comprensión, de accesibilidade ou económicas que poidan ter, ofrecendo “solucións excepcionais a situacións excepcionais”.

No marco deste programa, están a poñerse en marcha novas accións como facilitar as xestións con cita previa en oficinas ou teléfono para facer fronte as barreiras ligadas á dixitalización, ademais de permitir realizar trámites en nome doutras persoas ou o envío de documentación en papel. Para as barreiras ligadas a discapacidades auditivas, pola súa banda, ten dispoñible o servizo de atención por lingua de signos SVisual, en colaboración con FAXPG. 

Ademais e nos casos de vulnerabilidade económica, o obxectivo de Viaqua é garantir que todas aquelas persoas que poden requirir algunha das axudas dispoñibles coñécenas e saben que as poden solicitar de forma sinxela. Trátase de opcións como “12 pingas”, pago fraccionado coa mesma contía cada mes; aprazamento e fraccionamento de débeda sen intereses; ou tarifas e fondos sociais. Os profesionais de Viaqua están directamente implicadas no programa ‘Contigo’, para o que reciben xornadas de sensibilización.

“O obxectivo é seguir aplicando a mellora continua no noso modelo de atención e asegurar que non deixamos a ninguén atrás. Ademais de continuar medindo a satisfacción dos clientes vía enquisas directas, seguiremos traballando, man a man con entidades sociais, para identificar novas oportunidades”, apunta Dionisio Gázquez, director de Clientes de Viaqua. 

Para a posta en marcha da iniciativa, a empresa contou coa colaboración de Fundación SERES, entidade sen ánimo de lucro con máis de dez anos de experiencia acompañando a transformación das empresas e impulsando o seu liderado fronte os retos sociais. Para a implantación, pola súa banda, estase a traballar con Cruz Vermella, Cáritas e FEGABAN, entre outras.