Tantas formas de contar o Camiño coma peregrinos…
» En fondo e forma, os estudantes de 2º da ESO do CPI Arquitecto Palacios amósannos en verso e prosa que cada texto, ao igual que cada autor, é único

Tantas formas de contar o Camiño coma peregrinos…
M.B
“Tiveron a sorte de atoparse con xente moi amable sempre disposta a axudalos. Ás veces ofrecíanlles auga e froita e preguntábanlles de onde viñeran e sempre lles desexaban unha moi boa viaxe”.
Un can chamado Xacobeo; o ceo estrelado, o lume das cacharelas; o solpor polas Cíes; un bo amigo francés; bacallau, polbo á feira, churrasco; dúas palabras que emocionan a todo o que algunha vez teña sido peregrino: “Bo Camiño!” …
Si que saben o que é bo os alumnos de 2º da ESO do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, onde non dubidaron en describir as diferentes vías Xacobeas a través de relatos, poemas e redaccións que encandearon ao xurado de Escola en Camiño na categoría de Literatura.
Propostas moi distintas que sen dúbida amosan o que debe ser a escrita porque, do mesmo xeito que non hai dúas persoas iguais, tampouco así debería pasar cos nosos textos.
Cada un temos a nosa personalidade, o noso xeito de mirar o mundo, as nosas virtudes, e tamén defectos; os nosos recordos e aspiracións; e pasamos por un momento ou outro da vida.
Sabor a gloria
Todo isto é materia prima para os bos autores, que saben darlle forma no papel baleiro e enchelo de literatura como a aventura coa que abrimos esta páxina, na que catro amigos gozan das cousas boas do Camiño, do seu “sabor a gloria”, nunha marabillosa aventura que, desde A Guarda, percorre O Rosal, Tomiño, Tui, Porriño, Vigo, Pontevedra, Caldas de Reis, Iria Flavia e Padrón ata chegar a Santiago.
En verso, desde que alborexa o sol
Pero tamén o poema “Camiñando polo mundo”, outro dos traballos presentados polo CPI Arquitecto Palacios, suxírenos a beleza e a ilusión do Camiño dun xeito diferente, desta vez en verso e pola costa, “dende Portugal a Compostela”; “dende que alborexa o sol”.
Cousas boas e cousas malas, a piques de chegar a catedral
Ou o relato “cumprindo o meu soño”, no que outro alumno do centro reivindica o papel da escrita como desafogo e terapia a través da historia dun grupo de amigos que perde a un dos seus durante o Camiño de Santiago, unha gran metáfora do percorrido que é, tamén, a vida: “Xa estamos estamos a piques de chegar á catedral, é preciosa e estamos moi orgullosos de acabar o camiño. Levámonos cousas boas e cousas malas como a perda do noso amigo, que sempre levaremos no corazón”.
- Nueva batalla judicial por la cárcel de A Coruña: el Estado lleva al Ayuntamiento ante el Tribunal Supremo
- El histórico bar de A Coruña con una empanada casera que probó el Papa: 'Llegamos a vender 900 en un día
- El Deportivo excede las fichas con cuatro porteros, cinco centrales y siete pivotes: llega la hora de aligerar plantilla
- Tres detenidos acusados de robar en aparcamientos de supermercados de A Coruña, Culleredo, Ames y Madrid
- Hallado un bebé muerto en un domicilio de Sada tras negar la madre en el hospital un embarazo
- Expansión de la refinería de A Coruña: Repsol acepta la ayuda de 133,4 millones de euros del Estado para producir hidrógeno ecológico
- Negocios de A Coruña priorizan el eclipse y bajan la persiana el 12 de agosto: 'Ese miércoles por la tarde la ciudad tendrá otras prioridades
- Angeliño ya está en casa: es oficialmente nuevo jugador del Deportivo