Lembranzas e lendas; xoias inmateriais que chegan á pel

» Isaac Triquell, Athenea Carpintero e Fernando Javier Rojo beliscaron as emocións do xurado con tres viaxes en verso máis alá do tanxible para tratar temas como a identidade ou a morriña

Lembranzas e lendas; xoias inmateriais que chegan á pel

Lembranzas e lendas; xoias inmateriais que chegan á pel

M.B

“Deste camiño caminiño;

tan breve na xente dos que non saben,

tan escaso nos ollos do pasado que perecen,

e tan nostálxico os nosos lados escuros mentres expira.

Camiño cheo de historias e lembranzas idas

que forman parte do que somos.

É a nosa memoria o mellor que temos, os nosos recordos,

os que ninguén pode roubar”.

No CPR Plurilingüe Possumus teñen un segredo que nos entusiasma e é que adoitan comezar as clases de Lengua e Lingua da mellor forma que nos podíamos imaxinar: coa lectura en alto dun poema, que lles serve despois como base para desenvolver o resto de cada sesión. 

O resultado, á vista está porque a calidade de “Camiño Caminiño” é só unha mostra dos traballos presentados polo alumnado de 3ª da ESO do centro. 

En cada un dos versos de Isaac Triquell Martínez, ao que pertence este anaco de poema; pero tamén de Athenea Carpintero Riveiro con “Os sucesos dos Camiños” e Fernando Javier Rojo Lago, con “Vexo un Camiño”; hai algo que chega á pel, que se estrutura para ir máis alá do tanxible e trasladar o patrimonio inmaterial do Camiño: a memoria colectiva, as lendas, as lembranzas e emocións dos milleiros de peregrinos que pasaron, ao longo dos séculos, polas vías Xacobeas…  

Un sentimento que chegou en forma de papel ata o xurado de Escola en Camiño para emocionalo e tamén para facerlle pensar, e que ben vagaba a pena destacar na categoría de Literatura. 

A historia sempre seguirá

“Chegáronme dentro”, confírmanos, tamén e pola súa banda, a directora do centro, Rocío Paraná, que explica que este ano querían introducir unha aposta relacionada coa escrita. 

Así, plantexaron un traballo de carácter voluntario para Secundaria que finalmente animou ao alumnado e que nos deixa versos para a reflexión e a memoria como este outro fragmento de “Vexo un Camiño”, do alumno Javier Rojo Lago, co que nos despedimos ata o ano que vén: 

“Está pronto – dixo – xa ninguén nos pode parar!

- Rematamos o camiño! – Ponse a pensar.

- Agora que rematou o camiño, que será de nós?

- Isto non é un adeus, pois o que ninguén sabe é que non existe un punto e final. Podes continuar e continuar, pero por moitos puntos e seguido que haxa, a historia sempre seguirá”. 

Rocío Paraná » directora 

[object Object]

Gusta Escola en Camiño no CPR Plurilingüe Possumus, que o curso pasado estendeu o proxecto a todo o colexio con nada máis e nada menos que cun Entroido temático baseado nas rutas Xacobeas. 

Así nolo conta a directora do centro, Rocío Paraná, que describe unha festa inundada de pequenos peregrinos, pero tamén de sinais, credenciais, cunchas de vieira… ¡E mesmo botafumeiros de carne e oso!

Na súa opinión, o Camiño ofrece aos equipos docentes múltiples vías para traballar. De feito, dinos: “O ano pasado quedaron por aí ideas que, se podemos, gustaríanos retomar este curso”. 

E é que a propia Paraná foi persoalmente ata a Santiago de Compostela para coller inspiración para o proxecto: “Topamos un libro de lendas moi interesantes. Estas cousas, ben seleccionadas, teñen unha gran aceptación entre os nenos, sobre todo en Primaria. Ao final, todos os temas motivan ao alumnado se atopas o xeito de dirixilos”.