A banda deseñada para contar historias
» O CEIP de Seixo preparou cinco cómics que levaron un Premio Especial

A banda deseñada para contar historias
C. M.
Cinco son os cómics que firman os estudantes de 6º de Primaria do CEIP de Seixo. Dende unha perspectiva divertida e orixinal, os estudantes prepararon historias protagonizadas, na súa maioría, por animais, que descubren pouco a pouco o que é a peregrinaxe a Santiago.
O primeiro e que aparece sobre estas liñas é “Animales Peregrinos”, firmado por Nerea Lagos. Narra as aventuras dun erizo e unha xoaniña... que atopan a un zorro con intencións de destruir o Camiño de Santiago! Non queremos facer spoiler, así que para saber como remata podes visitar a exposición dos traballos na web de Faro de Vigo.
A seguinte historia tamén a protagonizan unha serie de animais, e é creación de Daniela Carracelas. Da súa man nace o “Equipo @”, que debe descubrir o villano tras o gran misterio: alguen roubou a tumba do Apóstol! Este simpático grupo emprenderá unhamarcha para descubrir quen está detrás do crime e devolver a reliquia ao seu lugar.
O Camiño tamén é solución para plans con amigos, e esa é a premisa do terceiro cómic, de Noa Pazos, que conta a historia de Fernanda, Luisito e Alfonso, que un día de aburrimento deciden emprender a peregrinaxe a Compostela. Por suposto, a súa viaxe está repleta de sorpresas.
O seguinte cómic é creación de Adrían García, que trae a “Panchito y sus secuaces” a esta Edición de Escola en Camiño. Unha historia repleta de obstáculos en dirección a Compostela que non deixan a ninguén indiferente.
E por último, o derradeiro cómic galardoado é o de Xiana Otero, que firma a obra “Locura extrema”. Con ese título un xa pode comezar a imaxinar o tema central da historia: Marco e Mauro escapan de casa e comezan a ser perseguidos polo malvado Ramiro. Cal é a súa sorpresa cando descubren que, tras correr e correr, remataron o Camiño!
Marcados pola comedia e a orixinalidade, estes cómics do CEIP de Seixo levan uns Premios Especiais máis que merecidos!
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- De trabajar con Dabiz Muñoz a abrir dos pastelerías en tres meses y la tercera pronto en A Coruña
- Uno de los pueblos pesqueros más bonitos de España está a tan solo una hora de A Coruña
- Olvídate de Riazor: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Desalojado un edificio del Barrio de las Flores por un incendio en el séptimo piso
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- Los jóvenes de A Coruña se rebelan contra lo digital