Collemos aire nos albergues cara Compostela
» Xeila Taboada firma o galardón especial cunha infografía que se centra neste aspecto do percorrido

Collemos aire nos albergues cara Compostela
C. M.
E que, que sería dos peregrinos sen os albergues?Como poderían chegar á Praza do Obradoiro sen descansar en cada parada do Camiño?
Nesa necesidade reparou Xeila Taboada, alumna de 5º de Primaria do Scientia de Lalín. A súa infografía, titulada “O Camiño de Santiago”, firma un dos Premios Especiais desta II Edición de Escola en Camiño.
O centro non puido acudir á recollida do galardón o pasado martes, pero non é motivo para que non disfrute do seu merecido premio (a excursión a Santiago para toda a clase), nin de que nós gocemos da obra que levou a distinción.
Nela, a estudante coloca no medio a liña do Camiño de Santiago que forma parte da vía francesa e na que atopamos a chamada “Etapa dos Templarios”, remarcada en vermello.
En torno a esta información xeográfica, atopamos unha serie de debuxos que representan os descansos dos peregrinos:hai moito que camiñar, así que ben merecen un respiro!
A alumna explica na infografía premiada que moitos albergues, correctamente sinalizados como parada no Camiño, preparan na entrada lugares para deixar as botas e os bastóns, “e así non manchar o interior”, explica Xeila.
A rapaza diseñou tamén unas “notas” a modo de apuntes de peregrinaxe, unha especie de diario onde os viaxeiros van apuntando os seus pasos e as súas reflexións sobre os lugares que van coñecendo.
Así aprenderon na clase do Scientia Lalín, preparando os proxectos de Escola en Camiño, que plasman a modo de memoria un curso enteiro adicado a aprender a través de imaxes, debuxos e cancións. Moi bo traballo!
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- Los nuevos accesos al hospital deberán estar terminados a principios de 2027
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Una jamonería ‘de cine’ en el centro de A Coruña
- Víctima de mala praxis en el ‘fisio’: «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando»
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- El BNG y Alternativa entrarán en la Junta de Gobierno Local de Cambre