Un Pórtico da Gloria con estilo manga
» Dentro da categoría de Premios Especiais, o IES Escolas Proval leva un galardón pola súa orixinalidade

Un Pórtico da Gloria con estilo manga
C. M.
Só tres cores: branco, negro e vermello. É o único que precisa Isis Acea para darlle vida a súa visión particular do Pórtico da Gloria. Non fai falla preguntar, sabemos que estamos ante unha fan do manga e o anime. Está claro cando observamos as expresións e os ollos de cada unha das persoaxes do seu debuxo.
É case como observar a restauración do Pórtico! Se miramos cara o centro da composición atopamos a Xesús, na súa postura de Pantocrator, coas palmas extendidas para comezar o Xuízo. Ao seu carón, temos os apóstolos e demáis figuras do Antigo e o Novo Testamento, cada un con accesorios que sinalan ao espectador a súa identidade. Nin sequera falta o sorriso do profeta Daniel, asomado na esquina esquerda e apoiándose nunha columna.
Na parte superior vemos o semicírculo conformado polos músicos, cos seus instrumentos debuxados con todo luxo de detalles: somos capaces de ver ata a famosa zanfona!
Os ánxeles observan a estampa, presidindo unha obra con ducias de pequenas figuras, que aportan realismo a este debuxo, presentado baixo o nome de “Camiño ao Ceo”.
Por iso, tamén en cor vermella e dirixíndose ao centro da pintura, atopamos unha serie de pegadas, dos peregrinos, que comezan en cor negro antes de convertirse a escarlata, simulando o momento no que por fin chegan a Santiago e entran na Catedral. Estas concéntranse en torno do protagonista:a figura sentada do Apóstol Santiago, rodeada de cor vermella, case brillando nela.
É sobre el onde recaen as miradas dos peregrinos, aos que vemos de espaldas pero sabemos sen dúbida que están a contemplar a xoia do románico. Case esquecemos que se trata dun debuxo!
Así, dende o IES Escolas Proval, Isis Acea firma unha das obras máis bonitas desta edición de Escola en Camiño, que ben merece ese Premio Especial á Creatividade. Moitos parabéns, Isis!
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Manos con artritis: señales de alerta, diagnóstico y cómo escapar del dolor crónico