Camiñando coa toponimia, a toda cor

 » O CEIP García Barbón firma un dos Premios Especiais, adicado a súa infografía audiovisual

Camiñando coa toponimia, a toda cor

Camiñando coa toponimia, a toda cor

C. M.

Combinando varias categorías. Así sorprendeu ao xurado o proxecto da clases de 5º no CEIP García Barbón. Si, é unha infografía, pero non está feita sobre papel: é prácticamente unha reportaxe audiovisual!

O proxecto “Camiñando coa Toponimia” repasa ao longo de varias diapositivas interactivas unha serie de categorías que o alunado traballou na clase e, agora, combina coa idea do Camiño de Santiago: “O noso traballo trata sobre a toponimia que podes atopar durante a peregrinaxe, e tamén traballamos algunhas cancións tradicionais para acompañar a nosa andaina.”

Así explican este proceso os propios participantes. No caso de 5º A dividiron o Camiño Portugués en diferentes categorías: comezamos cos fitónimos (que son os nomes referidos á flora) como as carballeiras, castiñeiras e pereiras, así como os seus respectivos froitos. Despois chegan os hidrotopónimos, é dicir, aqueles nomes que fan referencia a auga. Como non pode ser doutra maneira, Galicia está chea deles, tamén de camiño a Santiago. Seguen os orónimos, relacionados co terreo da zona. Fragas, veigas, covas... que dan paso aos zootopónimos, os favoritos dos rapaces, pois falan dos animais.

Dianas, frechas, mapas interactivos... todo aparece na infografía de 5º B, que comeza cunha imaxe da Catedral, e utiliza as diferentes etapas, tamén do Camiño Portugués, para destacar lugares concretos da súa xeografía e explicar o verdadeiro significado dos seus nomes.

Dous traballos que sen dúbida non teñen nada que envidiar aos proxectos de investigación e documentación dos xornalistas. Unha fantástica labor!