"Hai un apoio bastante claro ao PSOE e non é o que viñemos facer"
"Nos mítines prometeuse non pactar cos socialistas e isto xa é apoialos durante un ano"
-Non está vostede dacordo co pacto para os orzamentos?
-Non. É unha proposta moi baleira. Poñen unhas obras necesarias, que xa eran necesarias, pero non vai nada máis alá nin profundiza no programa da Marea Veciñal. Non aporta nada do programa. E non se espuxo de maneira crítica. A min non me deixaron presentar outra proposta alternativa. Foi esta, votouse e xa está.
-Con que resultado?
-Sete ou oito a favor dos doce, mais ou menos, que eramos.
-Eran menos do habitual?
-Inscritos somos uns 40, pero habitualmente imos 10 ou 15. Ao principio moitos mais pero foise perdendo o interese, supoño.
-Vai votar en contra?
-Sí. Paréceme unha falta de respecto cando en campaña dixemos que íamos cambiar as cousas e nos mítines prometeuse que non pactaríamos co PSOE e isto xa é un apoio ao Goberno durante un ano. Tamén se dicía que non se ía poñer a ningún alcalde que levara mais de dúas lexislaturas, e isto é apoiar indirectamente a un que leva mais.
-Decidiu algo mais?
-Probablemente haberá disputas e eu irei ao grupo mixto.
-Pensa deixar a agrupación?
-Quero falar antes coa xente do grupo que me está apoiando. Pero penso marchar. Isto é o punto final pero xa se puido ver hai un ano que hai un apoio bastante claro ao PSOE. Intentei falar e reconducilo pero non hai maneira e non é o que viñemos facer aquí como grupo. Terei que deberme aos meus votantes e ás promesas que lles fixemos.
-Planea outro proxecto?
-Gustaríame. Terei que movilizar xente, pero teño ganas de facer cousas, metínme aquí por ideas.
Temas
Más en Gran Coruña
-
Más de 120 veciños de Viós comen, xogan, cantan e bailan na súa festa
-
Dos heridos en un choque entre dos coches en el punto negro de Villa Julia, en Bergondo
-
Usuarios de Aspadisol y niños de una escuela infantil que le donó 700 euros tejen lazos
-
Cambre prevé contratar la reforma de la plaza Fernando Buesa a Jardinería Arce