Contada para público adulto con Carmen Conde

Conmemoramos a Semana pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero co novo espectáculo de Carmen Conde, que transcorre ao tempo que debulla fabas.

Mentres ela vai debagando historias, con ese poder simbólico que ten "buscarse os feixóns", constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E, como fío condutor, unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único para roer en tempos da fame.

Fabas e mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.

Dirixido a público adulto.