Lara Alonso

Galicia / 39 min. / Documental / Galego

Onde estamos nós é un documental feminista, de carácter testemuñal, que ten como obxectivo visibilizar a obra audiovisual dalgunhas das directoras máis recoñecidas do ámbito galego. O proxecto adquire unha visión crítica da ausencia de mulleres no posto de dirección en Galicia. Pretende concienciar sobre o que supón ser muller e dirixir, da falta de referentes femininos nos manuais de estudo, da invisibilidade nas carteleiras, entre outros aspectos de interese, abordados desde unha clara perspectiva de xénero.

Interveñen: Melania Cruz, Antonio Durán 'Morris', Xúlio Mariana Carballal, Noemí Chantada, Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Xisela Franco, Margarita Ledo e Olga Osorio

Ficha técnica:

Guión, edición e produción: Lara Alonso

Imaxe: Alba Acuña, Lara Alonso e Silvia Troncoso Son: Alba Acuña , Brais Gómez e Silvia Troncoso Titor TFG: Paulino Pérez

Lara Alonso Vázquez

(Vigo, 1996)

Graduouse en comunicación audiovisual en Pontevedra. Ao longo dos seus estudos dirixiu varias curtametraxes: Sueña (2015), un stop motion de papel, e Lume (2018), videoarte para o proxecto Galifemia. Como Traballo de Fin de Grao (2018), presentou o documental Onde estamos nós, a outra ollada do cinema. Neste momento segue escribindo e desexando que as súas verbas se transformen en imaxes.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

NUMAX