SINOPSE

O director Elia Suleiman, debido á nostalxia, viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina. No proceso de atopar un novo fogar, Suleiman dáse conta de que Palestina parece perseguirlle alá onde vai. A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia chea de erros.

DIRECTOR | ELIA SULEIMAN

Nado en Nazareth en 1960, Elia Suleiman viviu en Nova York entre 1981 e 1993. Durante este período, dirixiu as súas dúas primeiras curtas coas que gañou numerosos premios. En 1994 mudouse a Xerusalén, onde a Comi- sión Europea lle encargou un Depar- tamento de Cinema e Audiovisuais na Universidade Birzeit. A partir de aí, a súa carreira cinematográfica foi fulgurante ata converterse nun dos cineastas palestinos de referencia.

FESTIVAIS E PREMIOS

Premiere en Galicia

Festival de Cannes: Mención especial e Premio FIPRESCI (2019)

Festival de Sevilla: Premio Eurimages (2019)

Coproducción elexida por Palestina como candidata ao mellor filme internacional nos Oscar 2020.