COMPANHIA DO CHAPITÒ

Clásicos?

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Lingua: portugués

Comisiones Artísticas de la Red

En Hamlet, a trama trasládase á modernidade, facendo unha analoxía entre o outrora Reino de Dinamarca, onde ten lugar a peza orixinal, e unha empresa multinacional dos tempos actuais. Aínda que o tempo –cronolóxico enténdese– transcorrese entre unha peza e outra, as temáticas abordadas permanecen iguais. Fálase de traizón, abuso e xogos de poder, de acoso, da procura voraz e sen escrúpulos do lucro e da inafectividade. A ausencia de contacto entre o elenco ao longo da peza, por exemplo, reflicte unha sociedade autista e deshumanizada.

Na inexistencia de escenario e usando un vestiario simple e contemporáneo (traxe e gravata), o traballo do actor non queda restrinxido á representación ou interpretación dun personaxe, porque todos son Hamlet. Comunícase coa palabra pero tamén co corpo, co xesto, co son. O hiperrealismo da peza e o recurso constante ás onomatopeas transporta ao público a unha viaxe verdadeiramente sensorial e cinematográfica. O refugallo da escenografía serve tamén, en opinión do director José Carlos García, para "suscitar a imaxinación do público que non pode ser pasivo", pola contra, "ten que imaxinar máis aló do que ve".