ESTUDO MOMENTO

EscenaGZ

Clásicos?

Idades recomendadas: adultos

Lingua: galego

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Xacobeo2021. Xunta de Galicia

Macbeth. O ruido e a furia, adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A grande traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais.

Voltan os tempos escuros. Voltan os tempos de Macbeth.

Autor: William Shakespeare

Versión: Manuel Lourenzo

Dirección: Juan Carlos Mejuto e Iria Ares

Intérpretes: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo

Iluminación: Antón Arias

Música orixinal: Tito Barbeito

Escenografía e atrezzo: Banale

Vestiario: Ramón Santos

Axudante de dirección: Xaquín Domínguez

Técnicos: Antón Cabado e Rubén Lamas

Agradecementos: Deputación da Coruña, IES Calvo Sotelo, Casahamlet, Clube Teatral Elsinor