Kiyoshi Kurosawa

Xapón / 115 min. / Ficción / Xaponés

Ficha artística:

Yû Aoi, Issei Takahashi, Ryôta Bandô, Chuck Johnson, Yuri Tsunematsu, Minosuke, Hyunri, Masahiro Higashide, Takashi Sasano

Ficha técnica:

Guión: Ryusuke Hamaguchi, Tadashi Nohara, Kiyoshi Kurosawa

Fotografía: Tatsunosuke Sasaki

Edición: Hidemi Lee

Produción: Keisuke Tsuchihashi, Takashi Sawada, Satoshi Takada, Tamon Kondo

Ano 1940 en Kobe, a noite antes do estalido da Segunda Guerra Mundial. O comerciante local, Yusaku Fukuhara, sente que as cousas se encamiñan cara unha inquietante dirección. Deixa á súa esposa Satoko e viaxa a Manchuria. Alí, casualmente presencia un acto bárbaro e está decidido a sacalo á luz, converténdose ao instante nun inimigo público. Pola súa banda, Satoko asegura crer a súa versión e xura que estará ao seu carón independentemente das consecuencias.

2020: Mellor director no Festival de Venecia

Kiyoshi Kurosawa

(Kobe, Xapón, 1955)

Comezou a facer películas de 8 mm mentres estudaba socioloxía na Universidade de Rikkyo. É recoñecido pola súa valiosa contribución ao cinema fantástico e de terror xaponés, de estilo lírico e inquietante. Con Tokyo Sonata gañou o premio especial do xurado da sección Un Certain Regard en Cannes 2008, e con Viaxe cara á beira (2015), o galardón ao mellor director da mesma sección. Creepy (2016) formou parte de Cineuropa 30.

Salón Teatro