Espectáculo a cargo da compañía Queiman e Pousa.

Un espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, en Homenaxe á Emigración Galega.

Un verso, Un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplo abanico de sensacións, lendo a estes artistas, foi simple fiar o sentimento que os unía a todos, que desembocaron na declamación poderosa e sentimental de Bruxo Queiman co delicado e penetrante canto de Andrea Pousa , ese contraste que os fai tan característicos.

Fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron nosa voz e memoria desde outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan ese labor de supervivencia da nosa cultura.

Fusión teatral pouco habitual de declamación, canto e música, que envolve o público nun halo elegante, creativo á vez que próximo, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude do público que abarca.

Con este espectáculo representarase dunha forma artística a emigración galega, representado polos personaxes de Manolo e Lola, cando se reunían nos centros galegos para cantar e lembrar a ?o seu? Galicia que xamais esquecerán.

Mostrando a identidade da nosa cultura a través dos nosos poetas e escritores; e así lembrar a memoria de todos os galegos que cruzaron o Atlántico deixando Galicia atrás, para darnos un mellor futuro.