A porta aberta emite hoxe, ás 21.30 horas na TVG2, o capítulo Asociación Ruta do Viño Rías Baixas. Facer visible o ser do viño no que se porá en valor o traballo deste colectivo. O programa realizado por Producións Celta para a canle autonómica contará coa presenza do presidente do colectivo e responsable das bodegas do Pazo de Fefiñáns, Juan Gil; o responsable de marketing de bodegas Martín Códax, Jorge Pallarés; a directora do Parador de Cambados, Meritxel Marcos, e a responsable de relacións publicas e eventos de bodegas Granbazán, Anabel García.

A produción aborda o universo do viño e o seu carácter cultural e identitario, unha visión aberta que conforma o centro no enoturismo, que é o que quere poñer en valor a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas. Deste xeito, os telespectadores poderán colecer o seu traballo na creación dunha serie de experiencias sensoriais e actividades paralelas á elaboración do viño e á súa comercialización. A enocultura é, precisamente, a prática que une todas estas experiencias e mantén o factor humano como centro da cultura do viño. Na asociación protagonista do programa hai unha longa experiencia en actividades paralelas e está no seu ADN a experiencia da enocultura antes de que se popularizara. Os televidentes coñecerán que o colectivo galego é pioniero na implantación en España da enocultura e empregan o viño como un embaxaidor singular para entender a relación entre unha comarca e o froito da súa terra.

A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas impulsa todo o que significa o viño como símbolo da humanidade máis sincera e orixinal. Os seus integrantes son homes e mulleres que traballan con ilusión para facer do viño un elemento de cohesión das Rías Baixas.