A Televisión de Galicia (TVG) emite esta noite unha nova entrega de Non lle chames amor, na que a psicóloga e sexóloga Raquel Graña viaxa ata a Ribeira Sacra para falar, entre outros temas, sobre desexo sexual. O formato é un talk show producido por Nortideas para a TVG que percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús. Como se verán a sí mesmos en relación ao sexo os convidados desta semana? Que pensarán sobre o desexo sexual? Cambia a súa intensidade ao longo dos anos? Hai xeito de fomentar o desexo?

Nesta ocasión a limusina do programa pon rumbo a Ribeira Sacra para coñecer a María e a Juanjo, unha parella que leva máis de doce anos xuntos e que son a proba de que o amor non ten idade, aínda que tiveron que defenderse de moitos prexuízos. Outro que chega disposto a falar de sexo sen tabús é Roman, un home que con setenta e tres anos asegura estar moi en forma a nivel sexual.