A Televisión de Galicia (TVG) estrea esta noite a aclamada serie Merlí, coa emisión dos dous primeiros episodios dobrados ao galego. Esta ficción da canle catalá TV3 céntrase no profesor de Filosofía Merlí Bergeron, interpretado por Francesc Orella, e os seus alumnos.

A trama articúlase arredor da elección que fai o docente dun grupo de estudantes de Bacharelato para convertelos “nos peripatéticos do século XXI”. Como se dun novo Aristóteles se tratase, Merlí ensínalles a cuestionar as cousas e a reflexionar. Porén, o carácter irónico e irritante deste singular profesor, espertará antipatía no instituto.

Relación pai-fillo

Non todos os seus compañeiros están dispostos a soportar as súas afeccións. Tampouco é o seu fillo, Bruno, o seu alumno máis difícil, e co que tentará mellorar a súa relación.

No primeiro capítulo desta noite, titulado Os peripatéticos, a chegada de Merlí ao instituto Àngel Guimerà provocará reaccións adversas. Mentres se gaña aos alumnos, aos profesores non acaba de convencelos a súa forma de ser e relacionarse.

Segunda entrega

Na segunda entrega que ofrecerá a Televisión de Galicia (TVG) esta noite, titulada Platón, Toni, director do instituto advirte a Merlí de que ten que acatar as bases do centro, pero el vai ao bosque e proponlles aos alumnos que se salten as bases do certame literario. Merlí e outro docente tratan de coidar dun neno con agorafobia. Doutra banda, Bruno confesaralle un segredo a Tania.