Núñez Feijóo, o noso presidente, está moi contento por ter adiantado as eleccións. Normal. Se as eleccións fosen en Marzo non as gañaría. Estamos aínda en Febreiro e resulta que as enquisas darían ao Partido Popular trinta e seis deputados. Creo que nunca lles comentei isto, así que vou facelo agora. Feijóo, o noso presidente, é un señor moi listo, moi preparado e, por iso, adiantou as eleccións. Rajoy, o outro presidente, subiuse o soldo un 27% en plena crise. Unha indecencia. Pero este señor, o outro noso presidente, non decía que había que ser exemplares? Pois vaia exemplo o seu. Supoño que o que quería decir é que el é todo un exemplar, no sentido físico, de mamífero, vaia. Joan Rosell, o presidente dos empresarios, di que hai que mandar os funcionarios á casa para que deixen de gastar papeis. Rosell, que empresario sempre foi pouco, está a converterse nun personaxe de zarzuela -refírome ao chamado "xénero chico" non ao lugar onde reside a Casa Real-. - por que digo isto? Verán, paréceme dunha falta de decoro brutal que Rosell frivolice falando dos funcionarios. Hai que lembrarlle a este señor que o seu antecesor no cargo está no cárcere. Aquel que decía que había que cobrar menos e traballar máis. - resulta que el era un delincuente. Prudencia, Rosell, prudencia. Os empresarios non teñen un presidente presentable desde Ferrer Salat. Este si que era serio. Sabía que os funcionarios son policías, sanitarios, bombeiros, mestres?Non son só funcionarios os que están detrás dunha ventaniña, Rosell. - se fose así, que mal te fixeron, home? Sen funcionarios non hai consumo. O comercio vai a pique, a hostelería, a cultura. Está claro que vostede é un inconsciente, unha cabra tola, un desnortado. - como non quero desnortarme, contaxiado polos presidentes, gostaríame referirlles, máis ben denunciar dous pequenos asuntos que me alteraron profundamente durante esta semana. Saben que cada día das nosas vidas, cada día, se practican no mundo seis mil ablacións? Non sei que podemos facer diante de tanta ignominia. - agora, xa non sucede a milleiros de quilómetros. Non, sucede aquí ao lado. En secreto, de costas á civilización que os acolle, practícase a ablación. Estes pais e estas nais, que teñen na cabeza? - isto unha cultura difente? Sinceramente, non creo que haxa nada cultural na mutilación dunha muller. Como tampouco creo que o haxa no sorriso sádico e vulgar que posúen algúns hindúes cando lles preguntan por que o seu país é o lugar do mundo onde se producen máis violacións. Isto non é unha opinión, é unha verificación. Encóllense de ombros e sorrín. - dito isto. Non nos enganemos, estes dous asuntos que me teñen alterado durante a semana non evitan que me indigne diante dos nosos presidentes. Os seus comportamentos e palabras non están á altura da nosa entrega como cidadáns. Por certo, e Ana Mato, dimitiu? Xa me contarán. Onte aínda non o fixera.