Vaia, home, esta si que é boa.

-Que cousa?

-Así que ti tamén les prensa deportiva.

-Desde sempre.

-Como Mariano.

-Non me compares.

-Nen por asomo. El ten unha axenda internacional moi ampla e ti, pois xa ves, tomando unha infusión nun bar.

-Se por axenda internacional moi ampla refíreste a que estivo moi ocupado esta semana vendo as etapas alpinas do tour?

-Non empeces.

-Pero se eu só estou lendo a prensa.

-Deportiva. Ha, un intelectual lendo a prensa deportiva e por riba as páxinas de fútbol.

-É que gosto do fútbol, como Albert Camus.

-Pero ese que ía saber de fútbol.

-Pois ese, coma ti dis, dixo que todo o que aprendera da vida e da ética, aprendérao xogando ao fútbol.

-O que ti digas. Ei, pero un momento, estás mirando a información do fútbol feminino.

-Si, é que temos unha selección moi boa.

-Non me fodas, as mulleres non saben xogar ao fútbol.

-Foches algunha vez a ver un partido de fútbol feminino?

-Nen por asomo.

-Daquela que falas? Ti es un machista redomado. Seguro que tampouco apoias que entren equipos de fútbol feminino nas quinielas.

-Vaia disparate. Claro que non. Non coñezo nengún. Non acertaría nunca.

-Ah, pero acertaches algunha vez?

-Non.

-Xa me parecía. Pois mira na Coruña houbo un equipo de mulleres que se chamaba o Karbo é que xogaban como os anxos. - a mellor xogadora europea do momento é tamén coruñesa. Seguro que nen sabes como se chama.

-Nen por asomo.

-É que tes que asomarte máis ao mundo. Chámase Verónica Boquete. Unha máquina. Control, intelixencia, gol. Teno todo.

-Se ti o dis.

-Claro que o digo. - tamén che digo que se os seus equipos entrasen no reparto das quinielas, estas rapazas xogarían en España e non terían que emigrar.

-Contigo é imposible, todo o levas á política. Non tes remedio.

-O que non tes remedio es ti. Lémbroche que hoxe tampouco me deches os bos días.

-Diso nada, eu saudeiche como sempre.

-Enfadado coma sempre, meu amigo, enfadado.

-Marcho porque es un amargado inaguantable.

-Feliz día, calamidá.