A masacre de Niza invádeo todo. Outra vez Francia. Outra vez unha cidade na que o número de inmigración musulmán é altísimo. Pero tampouco crean que isto é un dato a ter en conta. Segundo os últimos vídeos do Estado Islámico o infiel está en todas partes e pode ser combatido en todas partes, das maneiras máis variadas. Comezan as súas suxestións por animar aos seus correlixionarios a usar unha pedra, logo un coitelo, despois un fusil de asalto, logo un auto, despois unha bomba e así sucesivamente. Quero dicir con isto que un grupo impenetrable é difícil de controlar. Non existe a integración. A diversidade cultural non se produce. Os valores da democracias occidentais non son asumidos polas segundas e terceiras xeracións de musulmáns. Os pais e avós destes terroristas chegaron aos nosos países buscando unha nova vida. Pero non se mesturaron coa nosa sociedade. Seguiron vivindo ao seu xeito. E aquí empeza a evocación. Os seus descendentes teñen todas as armas para a nostalxia, para estrañar unha maneira de existir que, segundo eles, aquí, non poden levar en plenitude. Cando se produciron os atentados en París e en Bruxelas, varios profesores de institutos, convocaron aos seus alumnos para manter un minuto de silencio en memoria das vítimas. O 40% do alumnado non o respectou e se retiraron de xeito ostensible do acto. Francia ten un gran problema. Europa ten un gran problema. E a solución, moitos cidadáns van buscala en grupos radicais. É posible que Marine Le Pen acade uns resultados magníficos nas eleccións do 2017, pero ela non é a solución. Ademais, non hai que deixar de recordar que o seu partido, a Fronte Nacional, foi financiado nos seus inicios por Irak. Si, o seu fundador, Jean-Marie Le Pen, antisemita confeso, foi financiado por Sadam Husein. Curiosamente, hoxe, a Fronte Nacional segue sendo antisemita, pero se presenta diante dos franceses como o látego dos yihadistas. Máis de oitenta persoas morreron en Niza. Os servizos de intelixencia galos advertiron a Hollande de que o perigo de atentado non se centraría na Eurocopa, senón nas semanas seguintes á súa celebración, cando toda a tensa vixilancia se relaxase. Pero o ser humano é optimista por natureza, o cal é natural, pois o optimismo é o que nos permite seguir traendo fillos ao mundo, pero un pouco de reflexión tamén axuda. E se se sabe algo de estratexia militar a cousa estaba cantada. E non esquezan que estamos en guerra. Non unha guerra de trincheiras, non. Estoutra, é moito máis sutil e impredecible. A relixión é unha opción persoal. A liberdade de credo existe en Europa, pero a liberdade de credo non está, no colectivo. No colectivo están os valores e as leis coas que a civilización europea se ten dotado durante séculos. Europa segue sendo una idea fantástica e necesaria. Ata hai moi pouco, o Vello Continente, sempre estivo en guerra. Os europeos somos os responsables das guerras máis terribles que coñeceu a humanidade. Ademais de ser os inventores dos totalitarismos, xa saben, do comunismo, o nazismo e o fascismo. Todos eses ismos que nos amargaron a vida. Saben que na discoteca Bataclan, no atentado de París, a moitos das vítimas, antes de matalas, estes animais castráronos e degoláronos? Nin sequera foi unha morte limpa. Hai que elixir entre a cultura e o terror. Entre Omar Kayyam e a bomba. Entre Byron e o camión de Niza. Só as culturas nos poden facer libres.