O Mapamundi do Beato de Osma é un mapa copiado en dous folios do beato -chámanse así os códices que transmiten os Comentarios ao Apocalipse- que se conserva no Aquivo da catedral de El Burgo de Osma, datado en 1086. O Consello da Cultura Galega destaca o "extraordinario protagonismo" que ten Galicia no mapamundi, no que a catedral de Santiago aparece máis grande que a basílica de San Pedro e no que só aparecen dous faros: un, a Torre de Hércules.