A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsa o programa O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe, unha iniciativa coa que persegue fomentar a conciencia da diversidade e erradicar os prexuízos existentes respecto ao idioma propio de Galicia. Onte celebrouse unha xornada informativa con profesorado de equipos de dinamización lingüística para presentar este proxecto, que nesta primeira edición se implantará en doce centros educativos. En concreto, serán o IES Manuel Murguía (Arteixo); IES Félix Muriel (Rianxo), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Carral, IES Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa); IES Carlos Casares (Vigo); IES Chano Piñeiro (Forcarei); IES Taboada Chivite (Verín); IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia); CPI Plurilingüe Navia de Suarna e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

O programa articularase nunha serie de relatorios interactivos impartidos polo sociolingüista Anik Nandi.