O milagre Inditex é revisado na Televisión de Galicia (TVG) coa emisión de O soño logrado, un proxecto a medio camiño entre a ficción e o documental no que se recrea a traxectoria vital e empresarial de Amancio Ortega. Un home que soubo ver en Galicia o caldo de cultivo ideal para levantar o que hoxe é un imperio, tal como nos conta un dos xornalistas que estivo moito tempo detrás del para descubrir que había detrás da figura deste empresario.

De Amancio Ortegae de Inditex cremos saber tanto como tan escasas son as súas aparicións públicas. Para botar algo de luz sobre a súa traxectoria empresarial e vital, a Televisión de Galicia emite no día de mañá un programa entre documental e ficción que fai un repaso á orixe do propietario de Zara, a través da visión de varios analistas que estudaron a súa figura.

Tres cuestións son as que salientan os que conseguiron traspasar o veo de discreción que rodea o fundador de Inditex: facer as cousas ao grande, a súa preocupación polos avances tecnolóxicos e unha exposición pública o máis reducida posible. Hoxe a influencia do que creou vai máis alá mesmo da puramente economica.

Os que seguiron a súa traxectoria manteñen que sobre Amancio Ortega está todo dito, ou case, falta o que el mesmo en primeira persoa queira contar.