13 de octubre de 2018
13.10.2018

A TVG estrea esta noite o documental 'Almoina, o heroe infame'

O deputado socialista tivo que exiliarse e acabou como secretario de Rafael Leónidas

13.10.2018 | 01:47

A Televisión de Galicia (TVG) estrea esta noite, ás 00.35 horas, Almoina, o heroe infame, un documental sobre o lucense José Almoina, deputado socialista, perseguido na Guerra Civil e exiliado na República Dominicana, onde rematou sendo secretario persoal do ditador Rafael Leónidas Trujillo.

A cinta, dirixida polo realizador, escritor e guionista Breogán Riveiro, afonda na descoñecida e controvertida historia de Almoina que, malia ser acusado de colaboracionista co réxime de Trujillo, xogou un dobre xogo de denuncias ao ditador que lle acabou custando a vida.

Inxuriado por todos e cunha familia á que defender, Almoina publicou un libro de loas ao ditador, pero, á vez, o seu alter-ego Gregorio Bustamante, denunciaba diante do mundo ao ditador en libros sufragados polo propio Almoina.

Colaboracións

Para falar sobre a súa figura, o filme contou coa intervención da xornalista Isabel González Rivas, do catedrático Claudio Rodríguez Fer, do historiador Alfonso Pena, do biógrafo Xurxo Martiz, do historiador Carlos Pereira, do profesor Alberto Valín, do membro do Foro da Memoria, Eduardo Martín, e das súas fillas Leticia Almoina e Helena Almoina.

Almoina, o heroe infame está producido por Formato Producciones para a TVG e contou co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través da liña de subvencións da Agadic á produción audiovisual.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario