Aínda que ela sempre foi de cantar onde lle petou, non foi ata que participou nun concurso cando soubo que a música sería algo máis que un pasatempo na súa vida. Ía para avogada ou iso pensaba cando, con poucos anos, camiñaba cara ao colexio da man dunha das súas persoas favoritas: seu avó. Co programa Eu quero ser, Sés volve hoxe ao seu colexio. Na súa viaxe estará acompañada por unha das clases de 6º de Primaria do CEIP Salgado Torres da Coruña. O que non agarda é recibir a visita da súa irmá pequena e a do seu cuñado, dúas das persoas máis importantes da súa vida. Un dos seus profesores favoritos, don Roca, xa retirado, achegarase a darlle un abrazo á súa alumna máis bulideira.