16 de mayo de 2019
16.05.2019

Rebaixas no prezo do dominio '.gal' con motivo do Día das Letras Galegas

15.05.2019 | 21:01

PuntoGal, o dominio galego en internet, sumáse tamén a celebración mañá do Día das Letras e do Día das Telecomunicacións e Internet, cunha nova rebaixa no prezo dos dominios .gal. As persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 17 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes dende ata o 31 de maio.

Para poder aproveitar a promoción, os interesados deben dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, Core, Arsys, Openprovider e Blacknight, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos dende 15,95 ata 17 euros máis IVE.

Despois de superar este ano os 5.000 dominios rexistrados, a asociación amósase satisfeita de que as porcentaxes de renovación dos dominios seguen sendo moi altas. A entidade lanzou en 2018 o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades xa realizadas figura o apoio á localización en galego do navegador Firefox ou o concurso de microrrelatos en colaboración coa RAG.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.