O equipo do programa Festigaliando da Televisión de Galicia (TVG) amosaralles aos espectadores como transcorreron dúas das citas musicais máis destacadas desta fin de semana pasada. Por unha banda, este especial sobre festivais asistiu ao Resurrection Fest Estrela Galicia 2019, un imprescindible para os amantes do rock e metal de todo o mundo, que reuniu en Viveiro arredor de 100.000 persoas en catro días.

Nesta última edición do festival, os asistentes gozaron unha vez máis dun gran cartel con máis de 100 bandas, variado e especializado en todos os estilos de rock, metal, punk e hardcore, con 4 escenarios temáticos por bandeira, e nun dos mellores recintos e localizacións de toda Europa, creando unha atmosfera e un ambiente inmellorable. Os cabezas de cartel foron Slipknot, King Diamond e Slayer.

O segundo destino para milleiros de amantes da música en directo foi o Festival Portamérica. Este certame, nacido hai xa sete anos, foi transformándose nunha das iniciativas máis saborosas do verán galego, porque ademais do cartel musical dos grandes do mundo da musica nacional, tamén se puideron degustar as pezas dalgúns dos mellores cociñeiros da contorna do país.

Na da localidade pontevedresa de Carballeira de Caldas de Reis escoitouse a Calamaro, Madnes, Depedro, Rozalén, Amaia Romero e moitos máis.