Tras coñecerse a noticia da morte de Álvarez Torneiro, sucedéronse as reaccións. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega manifestou o seu "profundo pesar" pola perda dun poeta que, destacaron, "deixa na súa obra un excepcional traballo poético ao servizo da reflexión humanística".

Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou na súa conta de Twitter a figura de Álvarez Torneiro, nunha mensaxe no que trasladou, ademais, o seu pesar polo falecemento do pintor lucense Alfredo Labajjo Grandío, cuxa morte se coñeceu o martes. "Tristeza pola perda de dous creadores que deixan un gran baleiro cultural", afirmou.

A Deputación da Coruña, pola súa banda, mandou unha mensaxe de recordo ao poeta coruñés, gañador en dúas edicións do Premio Miguel González Garcés da institución provincial, e cuxa "obra e memoria perdurará no tempo". Entre outras mensaxes de condolencia figura o do BNG da Coruña, que eloxiou a figura do poeta como "un home comprometido" co idioma galego.