04 de abril de 2020
04.04.2020
La Opinión de A Coruña
Narcisa García

80 anos

"Chámanme os fillos e os netos para ver se necesito algo do supermercado ou para falar"

03.04.2020 | 23:16
García nunha chamada coa neta.

Vai cumprir 81 anos, e está desexando saír á rúa para pasear. "Antes disto levaba tempo na casa por un problema nun pé e agora que xa estou ben, non podo saír", protesta Narcisa García, que vive soa. Pero ten a atención constante de fillos e netos. "Chámanme para ver se necesito algo do supermercado, para ver que tal estou o para falar", explica.

A súa rutina tamén cambiou. Antes erguíase máis cedo. "Porque ía á Casa do Auga e gustábame deixar a casa limpa", recorda. Agora espera a que o reloxo marque as oito da mañá para comezar o seu día. "Aínda que ás veces teño insomnio e levántome a tomar un pouco de leite para volver para cama", confesa.

A súa compañía: os paxaros. "Entretenme limpalos", asegura. Tamén saca brillo á cociña e aos baños. "Pero fago todo moi lento para ocupar máis tempo", conta.

Ve o mar pola fiestra, cousa que lle relaxa, e tamén acende o televisor para escoitar voces mentres fai outras cousas, como costura. "Pero nada de política e películas de guerra. Iso non me gusta", apura a dicir.

O que mais bota de menos é o pan fresco. "Non pasaba sen pan desde a posguerra. Pero ás veces, se ven o meu neto, tráeme unha barra e córtoa para ter tódolos días", desvela, e recorda que, nestes intres, "non queda outra que aguantar".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

Lo último Lo más leído