Oito centros galegos de América (en Bos Aires, Caracas e Montevideo), Europa (Berlín e Londres) e o resto de España (Madrid, Sevilla e Tarragona) poderán ver de marzo a decembro as catro películas finalistas nas categorías de longametraxe e documental dos XX Premios Mestre Mateo, que celebra a súa gala o 19 de marzo. A iniciativa foi presentada onte polo secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra. Os filmes que poderán ser vistos polas comunidades galegas no exterior son as longas Cuñados, Jacinto, Malencolía e Tres e os documentais A poeta analfabeta, A virxe roxa, O gran Camiño y Welcome to Ma Maison, obras que tamén se proxectan na Semana do Cinema Galego na Coruña do 8 ao 15 de marzo.