Emilia Pardo Bazán e Galicia é o título do ensaio do catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de A Coruña (UDC) José María Paz Gago. Editado por Hércules de Edicións, esta obra afonda na obra e na figura da escritora coruñesa.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participou onte na presentación deste ensaio e destacou a decisiva contribución que a investigación académica está a ter para divulgar e manter vivo o legado da autora. Segundo as súas palabras, publicacións como esta súmanse ás accións levadas a cabo no último ano no que se conmemorou o centenario de Pardo Bazán. A Xunta, con outras entidades, lanzou máis de medio cento de actividades como exposicións, accións formativas ou “reunións científicas e encontros que axudaron a trasladar o coñecemento académico sobre a obra da autora”, apuntou.