Máis de 900 axentes culturais participaron na última enquisa realizada polo Consello da Cultura Galega sobre este sector. E o IV Barómetro da Cultura Galega amosa os seguintes resultados: o máis destacado do ano 2021 foron os eventos do Xacobeo en primeira posición, o regreso dos festivais ao aire libre en segunda e... como non, as Tanxugueiras. “A preseleción das cantareiras para Eurovisión e a súa participación no Benidorm Fest con indiscutible alcance planteario sitúase no terceiro posto das mencións dos axentes culturais galegos”, indica o estudo.

En cuarta posición aparece a proxección nacional e internacional do audiovisual galego, en quinta o Culturgal e en sexta o Son do Camiño. A continuación van as exposicións Faraón, Rei de Exipto na Cidade da Cultura, a organizada por Marta Ortega sobre Peter Lindbergh na Coruña, e As Miradas de Isaac na Cidade da Cultura. Os actos ao redor do Día das Letras Galegas pechan a lista.