No Día das Letras Galegas (17 de maio), Renfe repartirá libros en galego entre os viaxeiros. E a imaxe de Florencio Delgado Gurriarán estará nos asentos da alta velocidade. Así o indicaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o xerente do Servizo Público de Renfe en Galicia, Javier Pérez. Segundo García, “o 86% da poboación pode escribir en galego”.