O título xa non deixa lugar a dúbidas. Juana de Vega.A muller que desafiou o seu tempo retrata a unha adiantada á súa época (A Coruña 1805-1872), da man de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Publicado por Editorial Galaxia, o libro presentarase este xoves ás 19.30 horas na Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña.

Coas autoras estarán Enrique Sáez Ponte (Fundación Juana de Vega), a crítica Inma Otero, e Marcos Calveiro (director de Edicións de Editorial Galaxia). Xa o limiar avanza que “todas as aventuras,, e as de Juana de Vega, están unidas a desventuras... sen desventura non hai verdadeira aventura”. Participou activamente na vida pública, cando estaba prohibida para as mulleres.Escritora de espíritu liberal, Juana de Vega adicaría os seus anos aos máis necesitados.