O Sinsal SON Estrella Galicia celebrarase na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo

Redacción

Auga, unha illa e, coma sempre, un cartel secreto. O festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará unha nova edición na illa de San Simón, en Pontevedra, os días 21, 22 e 23 de xullo de 2023. Serán tres xornadas de directos con propostas musicais contemporáneas e diversas en canto o estilo e a orixe das máis de vinte bandas e artistas que participarán na súa programación secreta: o público só descobre quen actúa cada día unha vez desembarca esa mesma xornada na illa pontevedresa.