A xornalista Maribel Outeiriño, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo
A entidade recoñece a relación directa da informadora co escritor ourensán

Maribel Outeiriño. / Redacción
Redacción
A Fundación Otero Pedrayo acordou, por unanimidade, outorgar o Premio Trasalba 2024 á periodista ourensá Maribel Outeiriño Rodríguez, informou onte esta entidade cultural nun comunicado. A entrega do galardón terá lugar na festa literaria que anualmente se celebra o último domingo de xuño, como vén sendo habitual desde 1976, en que se outorgou por primeira vez a Xaquín Lourenzo Villar (Xocas).
A Comisión de Goberno da Fundación Otero Pedrayo recoñeceu en Maribel Outeiriño, licenciada en Historia de América e titulada pola Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, a súa relación directa con don Ramón, de quen recibía persoalmente, ou por medio dunha das súas traballadoras do fogar, na sede de La Región, os artigos que o escritor e cronista da cidade publicaba periodicamente no xornal ourensán. Ese interese pola actividade periodística de don Ramón levouna a recoller nun volume que editou a Fundación Otero Pedrayo grazas á colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Ourense. O volume, titulado Del Orense antiguo y otras colaboraciones: Ramón Otero Pedrayo en La Región (1958-1960), publicouse en 2019 e reúne moitos deses textos, e que ela mesma pensa completar coa publicación dun segundo volume nos que se recollerán os que restan e que xa ten localizados.
“Deste xeito, a Fundación Otero Pedrayo tamén quere recoñecer a vinculación e o compromiso que o xornal ourensán tivo con moitos dos escritores da xeración Nós e con outros relevantes cultivadores das artes e das letras da época oteriana”, sinala o comunicado.
O acordo da Fundación Otero Pedrayo comunicouse onte, na tradicional xuntanza de fin de ano do plenario da entidade na súa sede, na Casa Museo de Cima de Vila, en Trasalba. Nesa aldea da bocarribeira ourensá pasou parte da súa vida Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) e alí redactou e asinou moitas das súas obras.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- Así empezó Zara: Amancio Ortega, el jefe cercano que visitaba cada establecimiento en su Renault 5 rojo
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Oficial: el alquiler turístico queda prohibido en todas las comunidades de vecinos
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
Campamento Digital: una semana que puede cambiar su futuro
