Sesenta expositores e grupos na Festa do Queixo de Arzúa

Guadi Galego, García, Carril, Alfonso e Lamas, da Festa do Queixo. / LOC
Marcos Manteiga
A Casa de Correos de Arzúa foi onte o marco da presentación do programa completo da 49.ª Festa do Queixo, que xuntará a máis de 60 expositores —esgotando todas as prazas dispoñibles no Recinto Feiral Terra do Queixo— e incluirá dúas xornadas con concertos, de balde e baixo carpa, os días 2 e 3 de marzo, ata completar unha capacidade 3.300 persoas.
Así o divulgaban Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, xunto a José Luís Lamas, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa; Alberto Alfonso, director do Festival do Queixo; Guadi Galego, artista 2024 Festival do Queixo; e José Luís García, concelleiro de Cultura do municipio. Deste xeito, xa pecharon os horarios das actuación dos sete grupos que van actuar na vila. O día 2 tocará Tu Futura Exmujer, ás 21.30 horas, seguido de La Plazuela (22.25 horas), Arde Bogotá (00.20 horas)e Grande Amore (02.05 horas). Xa na segunda e derradeira xornada, a do 3 de marzo, De Vacas ofrecerá unha gala ás 12.30 horas e, na xornada de tarde, turno para Guadi Galego (18.00 horas) e Fillas de Cassandra, que pecharán o Festival do Queixo, ás 19.50 horas.
Festa de intereses turístico
Ao fío, comezaba a presentación o rexedor, animando a visitar o municipio, unha terra de “xente hospitalaria e afable que sempre vos recibirá cos brazos abertos”. Tamén quixo deixar claro que o evento —declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde 1999—, é máis que unha mostra de produtos lácteos: trátase dunha auténtica experiencia “para compartir coñecementos e unha ocasión para degustar e desfrutar”.
O concelleiro José Luis García, agradeceu a axuda de EFA Piñeiral (e a das empresas privadas involucradas nos cursos e promocións do queixo), coas actividades que fai, a través das seccións de repostería ou marketing. E parouse no torneo Chess&Cheese, así como na figura da pregoeira, María Vázquez —día 2 ás 11.45 horas no campo da feira— e na doutro artista, Xan Veiga, quen celebra os 30 anos da súa primeira actuación profesional e será nomeado Arzuán do ano xunto coa xornalista e cooperante pola igualdade de xénero Paula Fernández.
Festival Pequequeixo
Destacou outras actividades coma o sétimo Festival Pequequeixo, e as dos pasacalles e as do recinto feiral multiusos Terra do Queixo. Nese senso, en canto ao recinto feiral, darase un cheo absoluto de postos (quedando fora algúns expositores interesados), facendo un total de 68 expositores dos que 53 son queixerías (nove da denominación de orixe Arzúa Ulloa e seis co certificado de produto lácteo tradicional) nuns horarios que irán de 11.00 a 20.30 e o domingo de 10.00 a 18.30 horas. Ese mesmo domingo, de 12.00 a 13.30 horas, haberá un punto de atención a infancia para nenos.
García reivindicou dous aspectos. En primeiro lugar, a presenza da muller na festa, cun 50% de actuacións femininas no escenario, e a prioridade á musica feita en Galicia fronte á feita fora. Dos seis concertos principais, catro están protagonizados por grupos galegos, o que diferencia o cartel da Festa do queixo de Arzúa doutros carteis de festivais de Galicia durante o verán “que estando subvencionados pola Xunta non inclúen grupos galegos”. A organización entende que música galega ten que estar presente e ser protagonista. “Arzúa vai estar chea, teremos queixas veña moita ou pouca, e é imposible calcular o aforo”, reivindicando os fondos propios, os 30.000 euros da Deputación, mentras que “a Xunta non axuda”, remataba. Tamén haberá un certame de petiscos, catas, masterclass e actividades nos centros educativos.
- El mural de A Coruña nominado a mejor del mundo: pintado en 4 días y con una historia centenaria
- ¿Qué es un Zacaffé? La nueva apuesta de Inditex que abrirá a final de mes en A Coruña
- Zara cierra la primera tienda de su historia y anuncia un nuevo proyecto en la calle Compostela
- Investigado un coruñés que circulaba por la AP-9 en una furgoneta a 185 km/h
- Fin de la tregua de lluvia en A Coruña: vuelven las alertas por temporal costero
- Los 4 mejores sitios para ver el eclipse total de 2026 en A Coruña: 'No debería perdérselo nadie
- El Deportivo sopesa repetir el sistema de confirmación de asistencia en Riazor
- Galicia pasa del diluvio al frío polar: la Aemet avisa de sensación térmica bajo cero