10 de diciembre de 2017
10.12.2017

Lucía Regueiro e Rodrigo Vázquez darán as badaladas de Fin de Ano na TVG

10.12.2017 | 03:16

No que ía ser un man a man entre dous dos presentadores máis queridos da TVG, saltou a sorpresa. Roberto Vilar recibiu o xoves pola noite no estudio de gravación de Land Rober Tunai Show a Xosé Ramón Gayoso, que participou nos distintos sketchs e situacións do programa facendo gala da súa xa coñecida simpatía e bo humor.

O que non agardaban os espectadores do programa era coñecer, en directo e en exclusiva, o nome das persoas que darán as badaladas de Fin de Ano, con Gayoso como mestre de cerimonias, como non podía ser doutro xeito.

A actriz Lucía Regueiro, e o xornalista Rodrigo Vázquez, coñecido por presentar distintos programas na canle autonómica e actualmente á fronte do concurso Ti Verás, tomarán este ano as uvas cos espectadores galegos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine