Amador Lorenzo recibe o primeiro premio Pablo L. Orosa de fotoxornalismo
Luzes presenta o libro ‘Fálame dos silenciados’, que compila a obra do xornalista, falecido en 2019

Amador Lorenzo, con Manuel Bragado, onte. | // CASTELEIRO/ROLLER AGENCIA / Gemma Malvido
O fotoxornalista Amador Lorenzo Blach (Bueu, 1976) recibiu onte o premio Pablo L. Orosa polo seu traballo Álvaro de Palleirós, que é o derradeiro pastor de ovellas da serra de Manzaneda. Cando se cumpren dous anos do pasamento de Pablo López Orosa (Oza dos Ríos, 1985-2019), a Fundación Luzes editou o libro Fálame dos silenciados, unha compilación das súas reportaxes publicados en medios de comunicación de case todo o mundo e creou tamén este premio de fotoxornalismo, cunha dotación económica de 2.500 euros. “Este traballo forma parte doutro máis grande e agardo que estes cartos me axuden a seguir con el”, relatou Lorenzo, que quixo agradecer ao protagonista destas fotos que lle permitise compartir o seu curro de dez metros cadrados cando estivo con el.
Os xornalistas Queralt Castillo e Miguel Fernández lembraron onte a Pablo L. Orosa, ao profesional, pero tamén ao amigo e ao mestre, ao que sempre estaba do outro lado do teléfono para botar unha man e para darlle forma a informacións inconexas, ao que aforraba e facía traballos que non lle gustaban nin un pouco para poder viaxar e contar a realidade dos silenciados.
“Pablo existiu pouco pero viviu moito”, resumiu Castillo, que traballou no proceso de edición e selección dos textos que forman parte deste libro que recolle gran parte do traballo publicado por Orosa en medios de comunicación.
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Activada para este domingo la alerta por lluvias en A Coruña y Lugo
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- 2-3 | Así te contamos el Deportivo-Granada
- Así es el 'pueblo-burbuja' gallego: el paraíso de la desconexión y la tranquilidad a solo 90 minutos de A Coruña
- Un paseo por la Coruña de los años 80 gracias a la IA