A Crtvg potencia a oferta infantil con tres novas canles dixitais para cativos

REDACCIÓN

A Crtvg potenciou desde este pasado mércores a súa oferta infantil coa estrea de tres novas canles dixitais dirixidas aos máis cativos. Son Pequerrech@s, destinada ao público ata 6 anos, Cativ@s para nenos e nenas de 6 a 9, e Mociñ@s, dirixido aos maiores de 9. As tres canles, que acumulan 46 títulos e máis de 2.600 episodios, son xa accesibles a través da portada e na sección de directos da crtvg.es/en-directo e tamén na aplicación dixital da Crtvg.

O director de Contidos da Corporación, Fernando R. Ojea, sinalou que “esta oferta facilita o acceso dos máis cativos aos seus contidos favoritos en galego no portal da Crtvg, en tres canles adaptadas a distintos tramos de idade. A web dos medios públicos galegos é o gran contenedor de produtos audiovisuais para o público infantil e achega contidos feitos en Galicia e tamén outros grandes éxitos internacionais actuais e de sempre”.