Superando as expectativas máis optimistas, a Marea acadou gobernar a cidade da Coruña. E, malia os atrancos que lle están a poñer PP e máis PSOE, vai marcando o seu propio estilo, cunha redución dos gastos nos soldos dos concelleiros e nas festas, amais dunha apertura cara á oposición que nunca se dera nos gobernos anteriores e abonda para avergoñar a ambas as dúas forzas exgobernantes. Era o que esperabamos dos mareantes e queremos que sigan así.

Sen dúbida, ao éxito da xestión do novo Goberno Municipal pode contribuir a personalidade conciliadora do alcalde, Xulio Ferreiro, ata agora un descoñecido para a maioría dos coruñeses.

Certo que non podemos ignorar os erros que van cometendo e o retraso que leva o cumprimento das medidas máis urxentes do programa electoral, mesmo a imposibilidade dalgún dos seus obxectivos, como a municipalización do servizo da ORA ou a reclamación das reponsabilidades patrimoniais pola xestión urbanística de Someso ou o edificio Conde de Fenosa.

Nestes casos, a máxima transparencia e una boa xestión informativa deben evitar crear falsas expectativas na cidadanía, para non xerar a sensación de incumprimento do compromiso adquirido cos votantes.

Asemade, é moi importante que os novos concelleiros se decaten de que non se deben só aos seus votantes senón a todos os vecinos da Coruña, moitos deles con sensibilidades moi diferentes das súas.

Non falo da eliminación das corridas, que moitos amantes da festa nacional lamentamos pero figuraba expresamente no programa da Marea.

Hai pequenos xestos que non custan nada e que axudarían a poñer á mayoría dos cidadáns ao seu carón, como respectar os nomes tradicionais das rúas ao aplicar a lei da memoria histórica ou volver facer festivo o día do Rosario. Xa que logo, á marxe de consideracións relixiosas, a Virxe do Rosario representa unha parte salientable da historia da nosa cidade.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.