O vindeiro 20 de decembro son unhas eleccións xerais moi importantes nas que debemos ser conscientes do poder e da importancia do noso voto. Xogámonos os nosos dereitos, o noso futuro, os servizos públicos, a sanidade e o ensino públicos e poder vivir con dignidade. Estes últimos catro anos de lexislatura e de goberno de Rajoy e do PP foron catro anos de políticas austericidas, neoliberais, antisociais, clasistas e de salvaxes recortes ideolóxicos que empobreceron salvaxemente a maioría social. Incrementaron salvaxemente as desigualdades sociais, o paro, a débeda, a precariedade laboral, mentras unha minoría privilexiada aumentaba máis e máis as súas ganancias, os seus privilexios e as súas fortunas. A lexislatura de Rajoy e do PP foi a lexislatura dos recortes salvaxes nos dereitos sociais, laborais, civís, nos servizos públicos, no ensino e na sanidade públicas, en dependencia, nas becas, da clasista, segregadora, privatizadora e neoliberal Lei Lomce que recortou salvaxemente o ensino público, que atacou brutalmente tanto á univesidade pública como aos fillos da clase traballadora para que só poidan estudiar na Universidade os fillos dos ricos e das persoas con recursos económicos; da infame Amnistía Fiscal a Rato, os ricos e os amiguetes do PP, da corrupción sistémica dos dirixentes e dos exdirixentes do PP (Bárcenas, Rato, Granados, caso Púnica, etc.); da criminalizadora e represora Lei mordaza, que recortou salvaxemente os dereitos sociais, a liberdade de expresión, as liberdades democráticas e os dereitos civís e que criminaliza a protesta social e os movementos sociais; do infame rescate á banca e ás autopistas con diñeiro público mentras se desafiuzaba salvaxemente a moitas familias das súas casas; da reforma laboral antisocial, lesiva e neoliberal que precarizou salvaxemente o emprego, que incrementou o paro, as desigualdades sociais, que acabou coa negociación colectiva, que recortado os dereitos da clase obreira e traballadora, que converteu os traballadores en traballadores pobres, que obrigou á xuventude ao exilio económico e a emigración forzosa . O 20 de decembro é fundamental derrotar e vencer nas urnas a Rajoy e ao PP e ás súas políticas neoliberais, clasistas e antisociais ao servizo da troika, dos grandes banqueiros, das grandes multinacionais, da banca privada, da patronal (CEOE), das grandes empresas e dunha minoría privilexiada, así como recuperar as institucións para a xente, democratizar a economía para poñela ao servizo da maioría social e do ben común, democratizar a democracia para que sexa verdadeiramente participativa e sobre todo o máis importante é o protagonismo e o empoderamento da cidadanía para que a cidadanía faga política para defender os seus dereitos e a súa dignidade, porque se a cidadanía non se empodera, se non loita e se non fai política para defender os seus dereitos e a súa dignidade outras persoas farán política por ela e contra ela e roubaránlles os seus dereitos, a súa dignidade, a democracia e hasta a carteira.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.