Eliana Pirrello é italiana e leva catro anos vivindo na cidade. Ademais do seu idioma natal, domina o inglés e o castelán, pero está convencida de que "non bastan para atopar traballo" e, por iso, decidiu matricularse no curso de galego, "porque hai que amoldarse ao que solicitan". Aínda que recoñece que a súa motivación é "fundamentalmente práctica", asegura sentirse "moi acollida" por Galicia e que "aprender a súa lingua é o xusto".