Paolo Parro traballa cunha ONG. Ofrece charlas en centros educativos para concienciar aos alumnos sobre a importancia dos proxectos de cooperación internacional. A pesar de facerse entender co castelán, este italiano confesa que "moitos rapaces fan preguntas en galego, non me entero e non me sinto moi profesional". Ademais, Paolo Parro participa nun programa de radio en galego "e aínda que podo falar castelán, sentiríame máis involucrado se aprendo o idioma".