1. A Marea Atlántica representa unha forma nova de facer política. Trátase de actualizar a democracia, facela algo propio do século XXI. Estas eleccións son unha pugna entre a vella e a nova política. As dúas forzas que terán posibilidades reais de chegar a María Pita son o PP e a Marea.

2. Outras listas están formadas, principalmente, por membros de partidos. A nosa ten unha composición máis semellante a da xente que botou a andar a Marea, é dicir, Cidadanía en Común. Ambas listas están compostas por persoas de fóra dos partidos políticos convencionais.

3. Somos Coruña vimos de diversos sectores da sociedade civil. Somos traballadores sociais e culturais, médicos, profesores, investigadores, etc., cun longo compromiso na defensa dos servizos públicos e da igualdade. Fumos animados polo Consello Cidadán de Podemos para organizarnos e formar unha candidatura aínda que a maioría somos independentes.

4. Propoñemos formas de democracia participativa na cidade e tamén facer do Concello unha institución que xere emprego. Para iso, haberá de dotarse das institucións que dean saída laboral aos cidadáns, non obrigando a que se encargue só disto o noso fráxil tecido empresarial.