1. Achega un sopro de aire fresco. Existe unha parte importante da cidadanía que quere outra forma de gobernar en María Pita e a Marea pode ofrecer moito a este respeto. Contamos con xente preparada e con ilusión para que o cambio chegue a partir de maio.

2. Todas as listas tratamos de achegar a nosa parcela, por así dicilo. Desde Onda Verde tratamos de dar unha visión máis verde, comprometida co medio ambiente e a sostibilidade. Somos xente interesada e capaz de integrar cuestións como o medio ambiente e a mobilidade.

3. A nivel estatal, Equo decidiu desde o verán facer parte de todos estes procesos de confluencia municipal. Na Coruña, en canto se puxo en marcha a iniciativa, vimos como unha necesidade participar na Marea e confluir con outros movementos cos que había moitas cousas en común. Chegamos a un punto de encontro.

4. Cremos que é urxente dar a volta ao sistema de transporte urbano, fomentando o público e os espazos de compartir. Precisamos un novo deseño da rede de buses. O actual mapa leva sendo o mesmo desde hai 30 anos e fai falta unha ordenación nova. O invertido en planes de mobilidade tamén ten que comezar a dar resultados.