Non é a primeira vez que Borja Casal acude a un colexio a votar, xa que se estrenou nas pasadas eleccións ó Parlamento europeo de maio. Pero este coruñés de 19 anos e estudante de Comunicación Audiovisual no campus de Elviña, coida que o contexto agora non é o mesmo, polo que afronta as próximas municipais "con ansias de cambio".

"A xente sempre pensa que a mocidade só temos os nosos propios intereses e pasamos de todo, pero non é así. Nós tamen reaccionamos cando vemos inxustizas e máis cando se trata da nosa cidade, que é o lugar onde podemos participar máis activamente nun cambio social. Por iso estas eleccións sirven para que expresemos un pouco se estamos contentos ou non co sistema municipal" afirma.

Casal recoñece que lle interesa a política e que na súa casa "non viven de costas ao que sucede" e debaten os asuntos da actualiadade. Pero recoñece que os rapaces da súa idade están desencantados coa que está considerada a "política tradicional", xa que Casal considera que só lles transmiten "unha lectura da sociedade que se fundamente en que vivimos nuns momentos de crise e que a única forma de arranxalo é polos procedementos que se están a empregar e que a culpa no é nosa senón da oposición cando estaba no poder" sentencia.

Sobre a papeleta que depositará o próximo 24 de maio na urna, Casal o ten claro: a de Marea Atlántica. "Ao ser un espacio de confluencia de numerosas tendencias políticas ou ideolóxicas, pensó que rachan un pouco cos ideais da política tradicional e parece que queren abrir o concello á sociedade e estimular a participación dos barrios".

Por iso Casal cre que, canto menos, o movemento liderado por Xulio Ferreiro "pode dar alguna sorpresa aos que cren que teñen todo gañado" no Palacio de María Pita