Contra as desigualdades, emprego digno

14.02.2016 | 01:10

Cando desde o BNG-AA elaboramos o noso programa para #TodasAsCoruñas, entendemos que a prioridade neste momento sería afrontar as desigualdades que foron acentuándose durante os anos da crise pola súa pésima xestión. Así, as nosas propostas para acadar unha Coruña máis social falan do dereito a un emprego digno: propostas para que o Concello potencie a creación dun emprego afastado da precariedade que hoxe en día reina no mercado laboral.

E hai moitos lugares onde poder crear emprego digno na Coruña: nos servizos públicos locais, apostando pola creación de emprego público. Mais tamén facendo efectivo que as empresas que se presenten aos concursos públicos cumpran con determinados criterios sociais, de emprego sostíbel e digno, de comercio xusto ou de sustentabilidade.

Desde o Concello tamén podemos ofertar contidos formativos e mesmo bolsas especializadas na dinamización e explotación dos sectores moi importantes da nosa economía como os polígonos industriais ou a universidade. Potenciar as actividades relacionadas co mar, dinamizar o comercio, ou revitalizar os mercados municipais son parte das máis de cen medidas que abranguen moitos ámbitos e faise complexo resumilas todas neste artigo mais se poden consultar na nosa web.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine