Os gobernos municipais da área metropolitana da Coruña afondan esta semana a súa colaboración para presentar una oferta conxunta que permita mellorar a captación de fondos europeos. Con independencia ou non dos cartos de Europa, a aposta por pensar e actuar políticamente en termos de comarca debera ser visto como unha boa nova nun país malacostumado ao localismo cainita.

Durante anos, os nosos representantes presumiron de ser a vangarda económica de Galicia, nunha máis ou menos disimulada competición con Vigo. Non estaba de máis que a área metropolitana aspirase agora a se converter en referencia de colaboración e I+D político entre concellos. Comarcalizar o país probablemente sexa parte da fórmula que permita a Galicia fixar poboación, aproveitar as potencialidades e saír da súa, cada vez maior, preocupante irrelevancia.